Utilitarismo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Utilitarismo
Termo aplicado ás correntes filosóficas que identifican o ben co útil, xa sexa para o individuo, xa para a sociedade. O útil é, así, considerado como criterio moral e como fundamento do ben e da felicidade. Na antigüidade, atribúese a Protágoras de Abdera a identificación do ben co útil, identificación que segue aparecendo nas escolas cirenea e hedonista.

Na época moderna, o utilitarismo foi defendido, entre outros, por J. Bentham e J. S. Mill, para quen a utilidade é aquilo que produce vantaxes, pracer ou felicidade para a maioría, minimizando o dano, a dor, o sufrimento... O utilitarismo esixe un "cálculo racional" adecuado, (na medida que se persegue un benestar duradeiro), para determinar cales son as medidas que conducen a esa estabilidade, e evitar a persecución de fins inestábeis e efémeros.