Universal - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Universal
Co termo universal referímonos a aquilo que é común a un conxunto de entes e que se adoita identificar coa esencia. Considérase que Sócrates, ao buscar a definición universal de virtude, intenta definir esa esencia universal, común a tódalas accións virtuosas, dando así lugar ao nacemento do universal como problema filosófico. Para Aristóteles, o universal predícase por natureza de varios entes, polo que debe coincidir coa esencia e ten un carácter abstracto.

Na idade media discutiuse o problema dos universais, defendéndose tres posicións fundamentais: o realismo, o nominalismo e o realismo moderado.