Percepción - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Percepción
Termo procedente do latín "perceptio". Por "percepción" entendeuse en filosofía, de modo xeral, a aprehensión directa dunha realidade obxectiva, sendo dita aprehensión algo distinto da sensación e da intuición intelectual. Tanto sobre o carácter intermedio da percepción, entre a sensación e o intelecto, como sobre se a percepción ten un carácter mediato ou inmediato, expuxéronse distintas interpretacións. Posteriormente, a descrición fenomenolóxica da percepción, levada a termo por E. Husserl, concluíu na existencia de dúas percepcións, unha interna e outra externa.

Para a psicoloxía contemporánea, a percepción é un proceso construtivo, de carácter selectivo, mediante o que as sensacións son organizadas en conxuntos dotados de sentido, no que interveñen tanto os estímulos procedentes do mundo exterior, como as formas ou estruturas perceptivas e as motivacións, expectativas, experiencias previas, etc. do suxeito que percibe.