Metempsicose - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Metempsicose
Do grego "metempsychosis", (etimoloxicamente: paso das almas), utilízase no mesmo sentido que transmigración. A metempsicose é unha teoría, de orixe probabelmente relixioso, introducida en Grecia polo orfismo e os pitagóricos, segundo a cal a alma experimenta, durante un ciclo determinado de tempo, unha serie sucesiva de reencarnacións, pasando así duns corpos a outros, ata lograr a súa definitiva liberación. Tamén é coñecida como teoría da transmigración das almas. Platón deféndea por primeira vez no "Menón", e mantena no seu pensamento posterior.