Mecanicismo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Mecanicismo
En xeral, doutrina segundo a cal a realidade, ou unha parte dela, pode ser comprendida e explicada apelando exclusivamente a dous principios: a materia e o movemento local. Segundo iso, pois, o mecanicismo concibiría a realidade como "corpos en movemento". A partir de Descartes, o termo mecanicismo defínese tamén como a teoría segundo a cal a Natureza mesma non é máis que unha máquina, ou ben que a estrutura e o funcionamento da Natureza é comparábel ao dunha máquina.

Na antigüidade, Demócrito de Abdera defendeu unha concepción mecanicista da realidade. Na época moderna, Descartes, Hobbes, Newton, D'Holbach e La Mettrie adoptaron posturas mecanicistas, con diferentes matices en cada caso.