Marxismo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Marxismo
Enténdese por marxismo o conxunto de teorías elaboradas por Marx e Engels, (así como as achegas e posteriores reflexións realizadas polos seus seguidores), sobre as que se desenvolve un amplo movemento social, artellado inicialmente en torno ás reivindicacións revolucionarias do proletariado, a partir da segunda metade do século XIX, en Europa, e ao longo do século XX en todo o mundo. Iso deu lugar, tanto no ámbito teórico como no da práctica política, a distintas interpretacións da obra de Marx e Engels, polo que poden distinguirse dentro do marxismo varias correntes de pensamento e de acción política.