Malthusianismo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Malthusianismo
Teoría defendida por R. Malthus, (1766-1834), segundo a cal o ritmo de crecemento da poboación responde a unha progresión xeométrica, mentres que o ritmo de aumento dos recursos para a súa supervivencia faino en progresión aritmética, polo que, de non intervir outros factores, a maior parte da poboación mundial estaría abocada irremediabelmente á miseria, e aínda á extinción, en contra do que consideraban os defensores da perfectibilidade indefinida da especie humana. Considerando que a mellora das condicións de vida dos pobres levarían necesariamente ao aumento da poboación (e, polo tanto, ao aumento no desfasamento poboación / recursos), Malthus opoñerase aos defensores de melloras sociais para axudar aos pobres, propoñendo, no seu lugar, a abstención voluntaria da procreación.

A súa teoría do desfasamento entre a poboación e os recursos influirá na teoría evolucionista de Darwin, no concepto de selección natural. As súas opinións económicas e o seu rexeitamento das reformas sociais provocará a hostilidade dos economistas liberais e dos pensadores socialistas.