Existencialismo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Existencialismo
1. Corrente filosófica que se desenvolve en Europa na primeira metade do século XX e que acada o seu apoxeo en Francia trala segunda guerra mundial, que considera que a existencia é o modo de ser propio e característico do ser humano, modo de ser que é entendido como pura liberdade de elección, en tanto que é pura subxectividade. O existencialismo rexeita, pois, toda posibilidade de que o ser humano sexa asimilado a un mero obxecto ou "cousa".

2. O filósofo danés S. Kierkegaard é considerado o inspirador do existencialismo, e o alemán Martín Heidegger, coa publicación de "O ser e o tempo" en 1927, o seu principal difusor, aínda que quen obtería o recoñecemento do gran público sería posteriormente o francés J.P. Sartre. Outros nomes salientados asociados ao existencialismo son os de K. Jaspers, Simone de Beauvoir, M. Merlau-Ponty e J. Wahl.