Entelequia - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | X | Y

Se unha palabra non se atopa no listado de termos amosado é que non está definida no glosario.

Entelequia
Termo procedente do grego "entelécheia", derivado de "entelés", (completo, enteiro). No seu uso filosófico a entelequia é a plena actualización das posibilidades de ser dunha substancia. O termo foi utilizado con ese significado por Aristóteles para designar a realización plena dunha substancia, é dicir, a actualización de tódalas súas potencialidades, o que a levaría a acadar o seu grao máximo de perfección, ao non poder ser xa nada máis do que é.

Co tempo o termo foi utilizado tamén para referirse a unha cousa imaxinaria, a algo que se da na mente, pero que non ten realidade extra-mental nin pode tela.