Logotipo de webdianoia.com |Comezo|A Filosofía no Bacharelato
Elixir idioma: Español | Galego
Engadir aos Favoritos e compartir na rede


Anaxímenes de Mileto


(- 585 a - 524)



Test sobre a vida e obra de Anaxímenes

Preguntas

Formulario do test

1. Segundo Teofrasto, Anaxímenes foi:

  • Discípulo e compañeiro de Anaximandro.
  • Discípulo e compañeiro de Tales de Mileto.
  • Mestre e compañeiro de Anaximandro.

2. Anaxímenes naceu en Mileto:

  • No ano 85 de nosa era, aproximadamente.
  • No 585 a.C., aproximadamente.
  • No 85 a.C., aproximadamente.

3. Para Anaxímenes, o elemento primordial ou arkhé era:

  • O indeterminado.
  • O aire.
  • O Absoluto.

4. Ao tomar como arkhé un elemento particular xeralmente considérase:

  • Que o seu pensamento supón un retroceso con respecto a Anaximandro.
  • Que o seu pensamento supón un avance con respecto a Anaximandro.
  • Que estaba moi influído pola filosofía oriental.

5. Anaxímenes ofrécenos un mecanismo de xeración das cousas que se apoia nas nocións:

  • De humidificación e solidificación.
  • De condensación e rarefacción.
  • De esencia e existencia.

6. Cunha terminoloxía moderna podemos dicir que Anaxímenes está intentando:

  • Explicar o cualitativo en función do cuantitativo.
  • Explicar o material en función do espiritual.
  • Explicar a orixe espiritual da materia do mundo.

7. O mecanismo de transformación duns elementos noutros que nos ofrece Anaxímenes:

  • Procede de Tales de Mileto.
  • Tómao das cosmoloxías orientais.
  • É unha achega orixinal de Anaxímenes á filosofía.

 

| Volver á páxina anterior | | Volver aos Exercicios |

 

Test sobre Anaxímenes de Mileto


Xeral

Seccións

Historia da filosofía

Outras seccións

 
Logo do sitio, unha curuxa, con ligazón de volta ao comezo do sitio   |  Quen somos  |  Regras de uso   |  Escríbenos  |  ©2001-2008 webdianoia.com  xhtml 1.0