Encrucillado filosófico 9
Solución
HORIZONTAIS
- 1. Afirma a existencia de Deus, como creador e lexislador do universo e con carácter persoal e providencial.
- 3. Termo de orixe latina co que nos referimos a calquera ser, sen máis especificacións.
- 4. Con este termo latino referímonos a un obxecto, a unha cousa.
- 6. Termo grego utilizado polos primeiros filósofos para referirse ao elemento primordial. - O amor, pero grego...
- 8. En xeral, a obriga ou necesidade de actuar moralmente. - Así lle chama Aristóteles á esencia da substancia.
- 10. Acto mental polo que o entendemento afirma ou nega que algo posúa tal ou cal propiedade. - O resultado da acción dunha causa.
- 12. Para Kant, o obxecto tal como é para nós.
VERTICAIS
- 1. Unidade indivisíbel e sen extensión, para Leibniz.
- 3. Termo grego que se aplica á decisión de suspender o xuízo.
- 4. Filosofía oriental.
- 5. Categoría de seres que teñen en común propiedades esenciais.
- 6. Elemento sutil co que estarían formados o ceo e os astros.
- 7. Termo co que nos referimos á identidade ou unidade do suxeito.
- 9. O contrario do ben.
- 10. Con este termo latino referímonos a "o que é", en xeral.
- 11. Relato imaxinario sobre as orixes.
- 12. Parte da filosofía que ten por obxecto a reflexión sobre a conduta "moral" do ser humano.
Solucións
HORIZONTAIS
- 1. Teismo
- 3. Ente
- 4. Res
- 6. Arkhé - Eros
- 8. Deber - Forma
- 10. Xuízo - Efecto
- 12. Fenómeno
VERTICAIS
- 1. Mónada
- 3. Epokhé
- 4. Zen
- 5. Xénero
- 6. Éter
- 7. Eu
- 8. Ser - Fin
- 9. Mal
- 10. Ens
- 11. Mito
- 12. Ética
Solución encrucillado filosófico 9