Encrucillado filosófico 24
Solución

HORIZONTAIS
- 1. Causa que actúa como modelo ou arquetipo.
- 3. Dun modo xeral, o conxunto do que existe, en oposición ao que consideramos ficticio, ilusorio, aparente.
- 5. Constante lóxica mediante a que se relacionan as fórmulas do sistema lóxico ao que ditas fórmulas pertencen.
- 7. Anaximandro úsao para referirse ao "arkhé" e adoita traducirse por "ilimitado", "infinito" ou "indeterminado".
- 10. Doutrina que propugna a ausencia total de valores ou de conviccións.
- 12. Aquilo do que se compón a realidade sensíbel, en xeral.
- 13. Parte da filosofía que ten por obxecto a análise do belo.
VERTICAIS
- 1. Argumento falaz co que se pretende defender algo falso e/ou confundir ao adversario no diálogo..
- 2. Modo de argumentación que pon de manifesto a imposibilidade do coñecemento, en singular.
- 3. Actividade observábel desenvolvida por un organismo vivente.
- 5. Aquilo polo que se define unha cousa ou se di o que é.
- 7. Termo que os escolásticos aplicaban ao que é "per se", por si mesmo.
- 9. Arte do diálogo e da discusión razoada, por exemplo.
- 11. Proceso de ser baixo o que se inclúen todos os tipos de cambio, movemento, alteración xeración, corrupción...
- 13. Doutrina filosófica que defende que todas as cousas son "un", como a filosofía de Parménides, a de Spinoza ou a de Hegel.
Solucións
HORIZONTAIS
- 1. Exemplar
- 3. Realidade
- 5. Conectiva
- 7. Apeiron
- 10. Nihilismo
- 12. Materia
- 13. Estética
VERTICAIS
- 1. Sofisma
- 2. Tropo
- 3. Conduta
- 5. Esencia
- 7. Aseidade
- 9. Dialéctica
- 11. Devir
- 13. Monismo
Solución encrucillado filosófico 24