Logotipo de webdianoia.com |Comezo|A Filosofía no Bacharelato
Elixir idioma: Español | Galego
Engadir aos Favoritos e compartir na rede

Encrucillado filosófico 24



A primeira vez que se executa o applet de java o panel do encrucillado pode tardar un pouco en visualizarse correctamente na súa páxina.

Unha vez cargado, observará que se bloquea a páxina. Para desbloquear a páxina, e poder utilizar os controis habituais e as ligazóns, abonda clicar sobre o panel do crucigrama.



Este navegador non ten JAVA ou non está activado.
Descargue de balde o Plug-in de java para poder resolve-lo encrucillado.


Se non desexa activar JAVA pode acceder a unha versión imprimíbel e á súa solución desde as ligazóns correspondentes, a seguir.



Encrucillado filosófico 24

Panel do encrucillado

HORIZONTAIS

  • 1. Causa que actúa como modelo ou arquetipo.
  • 3. Dun modo xeral, o conxunto do que existe, en oposición ao que consideramos ficticio, ilusorio, aparente.
  • 5. Constante lóxica mediante a que se relacionan as fórmulas do sistema lóxico ao que ditas fórmulas pertencen.
  • 7. Anaximandro úsao para referirse ao "arkhé" e adoita traducirse por "ilimitado", "infinito" ou "indeterminado".
  • 10. Doutrina que propugna a ausencia total de valores ou de conviccións.
  • 12. Aquilo do que se compón a realidade sensíbel, en xeral.
  • 13. Parte da filosofía que ten por obxecto a análise do belo.

VERTICAIS

  • 1. Argumento falaz co que se pretende defender algo falso e/ou confundir ao adversario no diálogo..
  • 2. Modo de argumentación que pon de manifesto a imposibilidade do coñecemento, en singular.
  • 3. Actividade observábel desenvolvida por un organismo vivente.
  • 5. Aquilo polo que se define unha cousa ou se di o que é.
  • 7. Termo que os escolásticos aplicaban ao que é "per se", por si mesmo.
  • 9. Arte do diálogo e da discusión razoada, por exemplo.
  • 11. Proceso de ser baixo o que se inclúen todos os tipos de cambio, movemento, alteración xeración, corrupción...
  • 13. Doutrina filosófica que defende que todas as cousas son "un", como a filosofía de Parménides, a de Spinoza ou a de Hegel.

Instrucións

Para seleccionar un recadro, de calquera fila ou columna, abonda utiliza-las teclas arriba / embaixo / dereita / esquerda, ou clicar co rato no recadro correspondente. Clicando co rato no mesmo recadro repetidamente irase alternando a posición horizontal e vertical. Ao mesmo tempo, no panel da esquerda irase amosando a definición correspondente á palabra, xa sexa horizontal (H) ou vertical (V).

As letras deberán introducirse no recadro elixido, que se irá desprazando, a medida que se introduza unha letra, polo resto de recadros correspondentes á palabra.

Clicando en "Verificar" amosaranse os erros. E se queres algunha axuda extra podes clicar en "Amosar 1 letra", tantas veces como queiras.

|Encrucillado anterior|

 

Encrucillado filosófico 24


Xeral

Seccións

Historia da filosofía

Outras seccións

 
Logo do sitio, unha curuxa, con ligazón de volta ao comezo do sitio   |  Quen somos  |  Regras de uso   |  Escríbenos  |  ©2001-2008 webdianoia.com  xhtml 1.0