Encrucillado filosófico 23
Solución

HORIZONTAIS
- 1. Teoría moral que identifica o ben co pracer.
- 3. A conmutativa supón a reciprocidade, polo que se identifica coa igualdade.
- 6. Pertencente ou relativo aos soños.
- 7. Aplícase ao termo que utilizamos sempre co mesmo significado.
- 11. Recurso retórico, metafórico, polo que se pretende dar a un texto ou a unha imaxe un significado distinto do que parece ter de forma evidente e inmediata.
- 13. Capacidade de obrar sen impedimentos, de autodeterminarse.
VERTICAIS
- 1. Ciencia do ser en canto ser e do que esencialmente lle pertence.
- 3. Saber que se pode presentar como un conxunto sistemático de coñecementos racionais e cuxa validez pode ser demostrada mediante métodos lóxicos ou empíricos.
- 5. Argumento falaz co que se pretende defender algo falso e/ou confundir ao adversario no diálogo.
- 7. Para Kant, o obxecto tal como é en si mesmo, independentemente do noso modo de coñecelo.
- 10. Adecuación ou correspondencia da proposición con aquilo ao que se refire.
- 11. Doutrina filosófica que defende que todas as cousas son un, como a filosofía de Parménides, a de Spinoza ou a de Hegel.
- 12. Escola filosófica da antigüidade creada en Atenas por Zenón de Citio no século IV antes da nosa era.
- 13. Predisposición a obrar dunha determinada maneira adquirida por exercicio.
Solucións
HORIZONTAIS
- 1. Hedonismo
- 3. Xustiza
- 6. Onírico
- 7. Unívoco
- 11. Alegoría
- 13. Liberdade
VERTICAIS
- 1. Ontoloxía
- 3. Ciencia
- 5. Sofisma
- 7. Noumeno
- 10. Verdade
- 11. Monismo
- 12. Cínica
- 13. Hábito
Solución encrucillado filosófico 23