Encrucillado filosófico 22
Solución

HORIZONTAIS
- 1. Capacidade de chegar a ser algo que está comprendido na esencia ou natureza da realidade que actualmente se é.
- 7. Termo grego que se adoita traducir por reminiscencia.
- 9. Causa que actúa como axente produtor.
- 11. Termo grego que vén a significar acción, realización e que se adoita traducir por "actividade práctica".
- 14. Que non ten relación con ningún contido empírico.
VERTICAIS
- 1. Termo mediante o que se relaciona o suxeito co predicado nunha proposición ou enunciado.
- 2. Para Kant, o obxecto tal como é en si mesmo, independentemente do noso modo de coñecelo.
- 3. Aquilo do que se compón a realidade sensíbel, en xeral.
- 4. Para Leibniz, a unidade indivisíbel e sen extensión.
- 5. Anaximandro úsao para referirse ao "arkhé" e adoita traducirse por "ilimitado", "infinito" ou "indeterminado".
- 6. Causa que actúa como modelo ou arquetipo.
- 7. Modos de argumentación que poñen de manifesto a imposibilidade do coñecemento.
- 10. O que é obxecto da sensibilidade, o que pode ser captado mediante os sentidos.
- 12. Forma de contrastación segundo a cal un coñecemento ten un carácter científico cando pode ser refutado polos feitos da experiencia.
- 13. Etimoloxicamente "contemplación", pero na actualidade, explicación plausíbel da realidade.
- 14. Suposición provisional coa que esperamos poder explicar un feito ou xustificar unha proposición lóxica ou matemática.
Solucións
HORIZONTAIS
- 1. Potencia
- 7. Anamnese
- 9. Eficiente
- 11. Praxe
- 14. Formal
VERTICAIS
- 1. Cópula
- 2. Noumeno
- 3. Materia
- 4. Mónada
- 5. Apeiron
- 6. Exemplar
- 7. Tropos
- 10. Sensíbel
- 12. Falsación
- 13. Teoría
- 14. Hipótese
Solución encrucillado filosófico 22