Logotipo de webdianoia.com |Comezo|A Filosofía no Bacharelato
Elixir idioma: Español | Galego
Gardar en Favoritos ou en sitios de internet

Encrucillado filosófico 21



Solución

Panel coa solución do encrucillado

HORIZONTAIS

  • 1. Debilidade da vontade, segundo o termo empregado polos antigos.
  • 2. Termo do grego que vén a significar acción, realización e que se adoita traducir por "actividade práctica".
  • 4. Aplícase ao termo que utilizamos sempre co mesmo significado.
  • 6. Doutrina filosófica ou relixiosa que afirma a existencia dun deus persoal, transcendente, creador e providencial.
  • 8. Para Kant, o obxecto tal como é en si mesmo, independentemente do noso modo de coñecelo.
  • 9. Aquilo polo que se define unha cousa ou se di o que é.
  • 11. Disfunción da linguaxe que consiste na incapacidade de pronunciar ou recoñecer palabras.
  • 13. O que non ten sentido. - Manifestación externa e ritual das crenzas relixiosas.

VERTICAIS

  • 1. Perplexidade do entendemento perante dous argumentos opostos. pero igualmente defendíbeis. - Etimoloxicamente "contemplación", pero na actualidade, explicación plausíbel da realidade.
  • 3. Capacidade que ten a alma de facer algo, para os antigos.
  • 5. Saber que se pode presentar como un conxunto sistemático de coñecementos racionais e cuxa validez pode ser demostrada mediante métodos lóxicos ou empíricos.
  • 7. Para Leibniz, a unidade indivisíbel e sen extensión.
  • 8. Termo latino co que nos referimos abreviadamente ao "penso, existo" de Descartes.
  • 10. Doutrina filosófica que defende que todas as cousas son un, como a filosofía de Parménides, a de Spinoza ou a de Hegel.
  • 13. Sentencia breve, polo xeral, non razoada ou xustificada, cun contido máis profundo do que a primeira vista parece ter.

Solucións

HORIZONTAIS

  • 1. Acrasia
  • 2. Praxe
  • 4. Unívoco
  • 6. Teísmo
  • 8. Noumeno
  • 9. Esencia
  • 11. Afasia
  • 13. Absurdo - Culto

VERTICAIS

  • 1. Aporía - Teoría
  • 3. Facultade
  • 5. Ciencia
  • 7. Mónada
  • 8. Cogito
  • 10. Monismo
  • 13. Aforismo

| Volver| | Versión imprimíbel da solución ||

 

Solución encrucillado filosófico 21


Xeral

Seccións

Historia da filosofía

Outras seccións

 
Logo do sitio, unha curuxa, con ligazón de volta ao comezo do sitio   |  Quen somos  |  Regras de uso   |  Escríbenos  |  ©2001-2008 webdianoia.com  xhtml 1.0