Encrucillado filosófico 20
Solución

HORIZONTAIS
- 1. Calidade que apreciamos nun obxecto moral, por exemplo.
- 2. Condición para a existencia dun pracer estábel, segundo os epicúreos.
- 4. Ausencia total de determinación. - Que non ten relación con contido empírico algún.
- 6. Actividade emprendida por un suxeito con miras á obtención dun fin.
- 7. Praza pública, nas antigas cidades romanas, onde se celebraban reunións, tratábanse os asuntos públicos e celebrábanse xuízos. - Paixón que causa enfado, anoxo e indignación.
- 9. Predisposición a obrar dunha determinada maneira adquirida por exercicio.
- 10. Elemento sutil, incorruptíbel e inalterábel, co que estarían formados o ceo e os astros, segundo a cosmoloxía aristotélica. - Termo grego que, no discurso mítico-relixioso, veu significar o oposto a orde.
- 13. Termo co que nos referimos á identidade ou unidade do suxeito.
VERTICAIS
- 1. En xeral a obriga ou necesidade de actuar moralmente.
- 3. Unha das formas de transcribir o termo grego utilizado polos primeiros filósofos para referirse ao elemento primordial.
- 4. Pertencente ou relativo aos soños. - Termo grego traducido habitualmente por virtude.
- 6. Perplexidade do entendemento perante dous argumentos opostos. pero igualmente defendíbeis. - Calquera contido mental ou do pensamento éo, para os modernos.
- 8. "Propósito" ou obxectivo dunha acción, dun proceso. - Termo grego que adoita traducirse por "intelixencia", "intelecto" ou "espírito".
- 9. Termo co que nos referimos á unidade primordial do ser.
- 10. Saber que se pode presentar como un conxunto sistemático de coñecementos racionais e cuxa validez pode ser demostrada mediante métodos lóxicos ou empíricos.
- 12. Tradicionalmente foi considerada principio vital. - Coherencia, rigor, disposición, distribución axeitada...
- 13. Para algunhas correntes filosóficas é o bo, o que ofrece algún proveito ou vantaxe.
Solucións
HORIZONTAIS
- 1. Valor
- 2. Aponía
- 4. Azar - Formal
- 6. Acción
- 7. Foro - Ira
- 9. Hábito
- 10. Éter - Caos
- 13. Eu
VERTICAIS
- 1. Deber
- 3. Arkhé
- 4. Onírico - Areté
- 6. Aporía - Idea
- 8. Fin - Nous
- 9. Un
- 10. Ciencia
- 12. Alma - Orde
- 13. Útil
Solución encrucillado filosófico 20