Encrucillado filosófico 19
Solución

HORIZONTAIS
- 1. Unha das formas de transcribir o termo grego utilizado polos primeiros filósofos para referirse ao elemento primordial.
- 2. Que non ten relación con ningún contido empírico.
- 3. Coherencia, rigor, disposición, distribución axeitada...
- 4. En lóxica, o universo de discurso, a suma lóxica do dominio e do condominio dunha relación.
- 6. Termo latino co que nos referimos abreviadamente ao "penso, existo" de Descartes.
- 7. Termo grego que se adoita traducir por "opinión", ou coñecemento sensíbel.
- 8. Praza pública, nas antigas cidades romanas, onde se celebraban reunións, tratábanse os asuntos públicos e celebrábanse xuízos.
- 9. Acción capaz de producir un efecto.
- 10. Precedido de "o" é o obxecto de reflexión da estética.
- 11. En xeral o incondicionado o que non depende de ningunha outra cousa, o que é por si mesmo.
- 13. Adecuación ou correspondencia da proposición con aquilo ao que se refire.
VERTICAIS
- 1. Doutrina da xustificación de Deus respecto ao mal no mundo diante do tribunal da razón humana, para Leibniz.
- 4. Termo grego que, no discurso mítico-relixioso, veu significar o oposto a orde.
- 5. O resultado da acción dunha causa.
- 7. Forza cósmica oposta ao amor e que é a causa da separación, da desagregación dos elementos. - Elemento sutil, incorruptíbel e inalterábel, co que estarían formados o ceo e os astros, segundo a cosmoloxía aristotélica.
- 9. Actividade emprendida por un suxeito cara á obtención dun fin.
- 11. "O que é", independentemente da clasificación que adoptemos ou do tipo de ser que consideremos.
- 12. Figura retórica que consiste en utilizar as palabras cun significado distinto ao que propiamente lles corresponde.
- 13. Modos de argumentación que poñen de manifesto a imposibilidade do coñecemento.
Solucións
HORIZONTAIS
- 1. Arkhé
- 2. Formal
- 3. Orde
- 4. Campo
- 6. Cogito
- 7. Doxa
- 8. Foro
- 9. Causa
- 10. Belo
- 11. Absoluto
- 13. Verdade
VERTICAIS
- 1. Teodicea
- 4. Caos
- 5. Efecto
- 7. Odio - Éter
- 9. Acción
- 11. Ente
- 12. Tropo
- 13. Tropos
Solución encrucillado filosófico 19