Logotipo de webdianoia.com |Comezo|A Filosofía no Bacharelato
Elixir idioma: Español | Galego
Gardar en Favoritos ou en sitios de internet

Encrucillado filosófico 18



Solución

Panel coa solución do encrucillado

HORIZONTAIS

  • 1. Para os budistas, a lei universal, cósmica.
  • 2. Escola filosófica creada en Atenas por Antístenes, no século IV antes da nosa era.
  • 4. En xeral, ausencia de normas. - Ausencia total de determinación.
  • 6. Elemento sutil, incorruptíbel e inalterábel, co que estarían formados o ceo e os astros, segundo a cosmoloxía aristotélica. - Na República Platón identifícao co Ser, dándolle un valor ontolóxico.
  • 7. Para algunhas correntes filosóficas é o bo, o que ofrece algún proveito ou vantaxe.
  • 8. O resultado da acción dunha causa.
  • 10. En xeral, este termo grego aplícase á decisión de suspender o xuízo.
  • 12. Termo grego que se adoita traducir por "opinión", ou coñecemento sensíbel.
  • 13. Na tradición filosófica Chinesa simboliza o masculino, o seco, o positivo.

VERTICAIS

  • 1. Termo grego co que antigamente se designaba á deusa Xustiza. - Termo grego co que Aristóteles designa o acto, en canto oposto á potencia.
  • 3. Termo grego traducido habitualmente por virtude.
  • 4. Termo mediante o que se relaciona o suxeito cun predicado nunha proposición ou enunciado.
  • 5. Relato acerca das orixes de calquera tipo de realidade.
  • 7. Calquera contido mental ou do pensamento éo, para os modernos.
  • 8. Paixón que causa enfado, anoxo e indignación. - O amor, pero grego...
  • 10. Etimoloxicamente "contemplación", pero na actualidade, explicación plausíbel da realidade.
  • 12. Termo co que nos referimos á non-existencia de algo. - Recurso retórico, metafórico, polo que se pretende dar a un texto ou a unha imaxe un significado distinto do que parece ter de forma evidente e inmediata.

Solucións

HORIZONTAIS

  • 1. Dharma
  • 2. Cínica
  • 4. Anomia - Azar
  • 6. Éter - Ben
  • 7. Útil
  • 10. Epokhé
  • 12. Doxa
  • 13. Yang

VERTICAIS

  • 1. Diké - Energeia
  • 3. Areté
  • 4. Cópula
  • 5. Mito
  • 7. Idea
  • 8. Ira - Eros
  • 10. Teoría
  • 12. Nada - Alegoría

| Volver| | Versión imprimíbel da solución ||

 

Solución encrucillado filosófico 18


Xeral

Seccións

Historia da filosofía

Outras seccións

 
Logo do sitio, unha curuxa, con ligazón de volta ao comezo do sitio   |  Quen somos  |  Regras de uso   |  Escríbenos  |  ©2001-2008 webdianoia.com  xhtml 1.0