Encrucillado filosófico 16
Solución

HORIZONTAIS
- 1. Para Leibniz, a unidade indivisíbel e sen extensión. - Na tradición filosófica Chinesa simboliza o masculino, o seco, o positivo.
- 3. Termo co que nos referimos á non-existencia de algo.
- 4. "O que é", independentemente da clasificación que adoptemos ou do tipo de ser que consideremos. - Norma ou modelo de conduta ou doutrina.
- 6. Argumento con forma de siloxismo no que se presenta unha disxunción na que se afirman os seus dous membros.
- 7. Calquera contido mental ou do pensamento éo, para os modernos.
- 9. Precedido de "o" é o obxecto de reflexión da estética. - Doutrina filosófica ou relixiosa que defende a existencia de deus como principio da realidade, pero despoxado dos atributos que lle concede o cristianismo.
- 11. O que unha substancia é agora por oposición ao que pode ser no futuro.
- 12. Acto mental polo que o entendemento afirma ou nega que algo posúa tal ou cal propiedade.
VERTICAIS
- 1. "Propósito" ou obxectivo dunha acción, dun proceso.
- 3. En xeral a obriga ou necesidade de actuar moralmente.
- 4. Perda total ou parcial da memoria.
- 5. Forza cósmica oposta ao amor e que é a causa da separación, da desagregación dos elementos.
- 6. Para os filósofos antigos, tendencia do ser humano cara a algo previamente coñecido como bo.
- 7. Termo grego que se adoita traducir por "opinión", ou coñecemento sensíbel.
- 8. No sentido máis amplo, dominio dunha habilidade ou técnica profesional, ou a actividade profesional mesma.
- 9. Tradicionalmente foi considerada principio vital. - Paixón que causa enfado, anoxo e indignación.
- 10. Termo grego que adoita traducirse por "intelixencia", "intelecto" ou "espírito".
- 11. Relato acerca das orixes de calquera tipo de realidade.
- 12. Na filosofía kantiana é o obxecto tal como é para nós.
Solucións
HORIZONTAIS
- 1. Mónada - Yang
- 3. Nada
- 4. Ente - Canon
- 6. Dilema
- 7. Idea
- 9. Belo - Deísmo
- 11. Acto
- 12. Xuízo
VERTICAIS
- 1. Fin
- 3. Deber
- 4. Amnesia
- 5. Odio
- 6. Desexo
- 7. Doxa
- 8. Arte
- 9. Alma - Ira
- 10. Nous
- 11. Mito
- 12. Fenómeno
Solución encrucillado filosófico 16