Encrucillado filosófico 14
Solución

HORIZONTAIS
- 1. Anaximandro úsao para referirse ao "arkhé" e adoita traducirse por "ilimitado", "infinito" ou "indeterminado".
- 4. Ausencia total de determinación.
- 5. Termo grego traducido habitualmente por virtude.
- 6. Termo grego que, no discurso mítico-relixioso, veu significar o oposto a orde.
- 8. Ocúpase do estudo de Deus e o divino.
- 10. Incerteza diante da verdade ou falsidade dun enunciado.
- 11. Postura defendida por quen, no ámbito do coñecemento, defenden que coñecemos as cousas tal como son.
- 13. Unha das formas de transcribir o termo grego utilizado polos primeiros filósofos para referirse ao elemento primordial. - Calidade que apreciamos nun obxecto moral, por exemplo.
VERTICAIS
- 1. Dende a antigüidade foi considerada principio vital. - Etimoloxicamente "contemplación", pero na actualidade, explicación plausíbel da realidade.
- 3. Parte da filosofía que ten por obxecto a delimitación e definición do que é "coñecemento" e o estudo das súas características e límites.
- 5. Doxógrafo grego do s. II, autor dunha obra coñecida como Placita aecii.
- 7. Perplexidade do entendemento perante dous argumentos opostos, pero igualmente defendíbeis.
- 8. Elemento sutil, incorruptíbel e inalterábel, co que estarían formados o ceo e os astros, segundo a cosmoloxía aristotélica. - Termo grego que se adoita traducir por "opinión", ou coñecemento sensíbel.
- 10. Facultade ou capacidade humana pola que se acada o coñecemento discursivamente.
- 11. Disfunción da linguaxe que consiste na incapacidade de pronunciar ou recoñecer palabras.
- 13. Termo mediante o que se relaciona o suxeito cun predicado nunha proposición ou enunciado.
Solucións
HORIZONTAIS
- 1. Apeiron
- 4. Azar
- 5. Areté
- 6. Caos
- 8. Teoloxía
- 10. Dúbida
- 11. Realismo
- 13. Arkhé - Valor
VERTICAIS
- 1. Alma - Teoría
- 3. Gnoseoloxía
- 5. Aecio
- 7. Aporía
- 8. Éter - Doxa
- 10. Razón
- 11. Afasia
- 13. Cópula
Solución encrucillado filosófico 14