Reconstrúe a frase de Marx
Completa a orde dos seguintes fragmentos, numerándoos á marxe, por exemplo, de xeito que poidas reconstruír con eles a frase proposta. Hai algúns fragmentos que xa están numerados correctamente (os impares), polo que, para completa-lo exercicio, dispós dunha dobre pista en cada caso: o fragmento anterior e o seguinte (o 1 e o 3, o 3 e o 5, e así sucesivamente)
- agroman por obra da crítica espiritual, mediante a
- 17. como fai a concepción idealista da historia,
- consecuentemente, ao resultado de que todas as
- 5. correspondente a este modo de produción e
- de explicar as formacións ideolóxicas sobre a base
- 21. da práctica material, por onde se chega,
- 13. de nacemento, o que, naturalmente, permitirá expoñer
- 29. emanan estas quimeras idealistas; de que a forza
- en "pantasmas", "espectros", "visións", etc., senón
- en expoñer o proceso real de produción, partindo
- xerada por el, é dicir, a sociedade civil
- 1. Esta concepción da historia consiste, pois,
- 9. Estado e explicando segundo ela todos os diversos
- estudando a partir de esas premisas o seu proceso
- 31filosofía, e toda outra teoría, non é a crítica, senón a revolución.
- 23. formas e todos os produtos da conciencia non
- inmediata, e en concibir a forma de intercambio
- 15. a acción recíproca entre estes diversos aspectos).
- a historia, presentándoa na súa acción en canto
- 11. a relixión, a filosofía, a moral, etc., así como
- as cousas na súa totalidade (e tamén, xa que logo mesmo,
- Non se trata de buscar unha categoría en cada período,
- 3. para iso da produción material da vida
- práctico das relacións sociais reais, da que
- produtos teóricos e formas da conciencia,
- propulsora da historia, incluso a da relixión, a
- 27. que só poden disolverse polo derrocamento
- 19. real, de non explicar a práctica partindo da idea,
- 25. redución á "autoconciencia" ou a transformación
- senón de manterse sempre sobre o terreo histórico
- 7. nas súas diferentes fases, como o fundamento de toda
Solución
A frase proposta no exercicio é a seguinte:
"Esta concepción da historia consiste, pois, en expoñer o proceso real de produción, partindo para iso da produción material da vida inmediata, e en concibir a forma de intercambio correspondente a este modo de produción e xerada por el, é dicir, a sociedade civil nas súas diferentes fases, como o fundamento de toda a historia, presentándoa na súa acción en canto Estado e explicando segundo ela todos os diversos produtos teóricos e formas da conciencia, a relixión, a filosofía, a moral, etc., así como estudando a partir de esas premisas o seu proceso de nacemento, o que, naturalmente, permitirá expoñer as cousas na súa totalidade (e tamén, xa que logo mesmo, a acción recíproca entre estes diversos aspectos). Non se trata de buscar unha categoría en cada período, como fai a concepción idealista da historia, senón de manterse sempre sobre o terreo histórico real, de non explicar a práctica partindo da idea, de explicar as formacións ideolóxicas sobre a base da práctica material, por onde se chega, consecuentemente, ao resultado de que todas as formas e todos os produtos da conciencia non agroman por obra da crítica espiritual, mediante a redución á "autoconciencia" ou a transformación en "pantasmas", "espectros", "visións", etc., senón que só poden disolverse polo derrocamento práctico das relacións sociais reais, da que emanan estas quimeras idealistas; de que a forza propulsora da historia, incluso a da relixión, a filosofía, e toda outra teoría, non é a crítica, senón a revolución."
Karl Marx, "A Ideoloxía Alemá"