É necesario ter activada a execución de scripts no navegador para realiza-lo exercicio. Se non está activada, ou non desexas activala, podes realiza-lo exercicio con esta versión alternativa, na que tamén atoparás as solucións, e á que podes acceder mediante a ligazón "Versión imprimíbel coas solucións ", situada ao fondo da páxina .
Versión alternativa do exercicio
O exercicio alternativo consiste tamén en completa-lo parágrafo proposto escribindo en cada un dos espazos correspondentes, marcados cunha liña, a palabra axeitada. Esta versión ofréceselles para quen non teñan activada a execución de scripts no seu navegador. Pero tamén, na súa versión imprimíbel, que inclúe as solucións, para quen desexen resolve-lo exercicio sobre papel.
Completa-lo texto de Aristóteles
Das 15 palabras seguintes, presentadas por orde alfabética, só 11 corresponden aos espazos que debes reencher. Hai, polo tanto, 4 que non corresponden a ningún dos espazos que debes reencher. Alguhna desas palabras pode estar repetida no texto a descobrer.
"ángulos, ben, bo, cabalo, consecuencia, dicir, demostración, forma, hábito, matemática, natureza, posíbel, substancia, todos, virtude"
"Non abonda, non obstante, con dicir que a virtude é un (1)___________, senón que é preciso (2)__________ cal. Digamos, pois, que toda (3)__________ perfecciona a boa disposición daquilo cuxa (4)__________ é, e produce axeitadamente a súa obra propia: como, por exemplo, a virtude do ollo fai (5)__________ ao ollo e á súa función: pola virtude do ollo vemos ben. Do mesmo modo a virtude do cabalo faino ser bo (6)___________, apto para correr, para levar ao xinete e para esperar ao inimigo.
Se é así, pois, en (7)__________ os casos, a virtude do home será entón aquel (8)__________ polo cal o home se fai bo e grazas ao cal realizará (9)_______ a obra que lle é propia.
Como sexa isto (10)___________, dixémolo xa, pero tornarase máis claro aínda, se consideramos cal é a (11)______________ da virtude."
Solución
- hábito
- dicir
- virtude
- virtude
- bo
- cabalo
- todos
- hábito
- ben
- posíbel
- natureza