Logotipo de webdianoia.com |Comezo|A Filosofía no Bacharelato
Elixir idioma: Español | Galego
Gardar en Favoritos ou en sitios de internet


Heráclito de Éfeso


Heráclito de Éfeso

(- 544 a - 484)

Fragmentos de Heráclito

(Segundo a ordenación realizada por Marcovich e, entre paréntese, a ordenación de G.S.Kirk)

Frg 1 (1)

Desta razón, que existe sempre, resultan descoñecedores os homes, tanto antes de oíla como tras oíla ao primeiro, pois, aínda que todo ocorre consonte esta razón aseméllanse a inexpertos tendo como teñen experiencia de ditos e feitos; destes que eu vou describindo, descompoñendo cada un segundo a súa natureza e explicando como se acha. Pero aos demais homes pásalles inadvertido canto fan despertos, igual que se esquecen de canto fan durmidos.


3 (17)

Non entenden os máis as cousas coas que se atopan nin, malia aprendelas, as coñecen, mais a eles parécelles que si.

26 (50)

Non escoitándome a min, senón á razón, sabio é recoñecer que todas as cousas son unha.

27 (51)

Non comprenden como o diverxente converxe consigo mesmo; ensamblaxe de tensións opostas, como a do arco e a da lira.

28 (80)

Preciso é saber que a guerra é común; a xustiza, contenda, e que todo acontece pola contenda e a necesidade.

33 (60)

Camiño arriba, camiño embaixo, un e o mesmo.

51 (30)

Esta orde do mundo, a mesma para todos, non a fixo deus nin home algún, senón que foi sempre, é e será lume sempre vivo, prendido segundo medida e apagado segundo medida.

 

| Páxina anterior | | Páxina seguinte |

 

Fragmentos de Heráclito de Éfeso  


Xeral

Seccións

Historia da filosofía

Outras seccións

 
Logo do sitio, unha curuxa, con ligazón de volta ao comezo do sitio   |  Quen somos  |  Regras de uso   |  Escríbenos  |  ©2001-2009 webdianoia.com  xhtml 1.0