Foros dedicados á Selectividade (en castelán) por Comunidades Autónomas. Estes foros teñen por obxecto facilitar o intercambio de información sobre as materias de Selectividade, así como sobre as características das probas en cada materia e facilitar a axuda entre os usuarios/as para resolver dúbidas e outras cuestións de interese. Debe entenderse que a información facilitada polos usuarios/as dos foros non é información oficial. Para obter información oficial debes dirixirte ás Universidades que organizan as PAU. Para poder participar nos foros é necesario o rexistro; doutro xeito só se pode acceder á lectura dos temas, pero non se pode participar nas discusións. Podes acceder a eles desde este enderezo:
Acceso aos Foros de Selectividade
Foros de información, recursos e debate (en castelán). Pretendemos desenvolver unha actividade lúdica, crítica e progresista (aínda que esta palabra sexa hoxe obxecto de burla) e consideramos que os logros intelectuais, sociais e políticos, etc., conseguidos por e para unha pequena parte da humanidade, ata a data, son irrenunciables (entre eles, por suposto, a conquista dos dereitos da muller) e que deberían estenderse a toda a humanidade.
O blog de webdianoia, en castelán, substituirá as páxinas dedicadas a informar sobre novidades na web da Filosofía no Bacharelato, e tamén as dedicadas a informar sobre eventos relacionados co mundo da filosofía e outras informacións de interese. O blog atópase na seguinte dirección:
http://www.webdianoia.com/blog/
Xa que logo, tamén se eliminou a lista de correo, para evitar a duplicación das canles de información, xa que todas as actualizacións comunicaranse neste blog, ao que vos podedes subscribir polo RSS.
Quen o desexen poden rexistrarse como usuario/a do blog, o que habilita a inserción de comentarios e o resto de funcións habituais dun blog. Para iso abonda dirixirse á etiqueta META que se atopa na barra de navegación, á dereita da páxina, e clicar en “rexistrarse”.