Logotipo de webdianoia.com |Comezo|A Filosofía no Bacharelato
Elixir idioma: Español | Galego
Engadir aos Favoritos e compartir na rede

Miscelánea. Novidades en webdianoia.com

 

Xaneiro de 2008

Inicio de la informaciónVersión en galego de todo o sitio webdianoia.com. Pódese elixir a versión en ambos idiomas a partir da ligazón "Elixir idioma" situada no encabezamento de cada páxina.

Decembro de 2007

Inicio de la información Actualización das páxinas dedicadas á Selectividade, reparando algunhas ligazóns rotas e engadindo información sobre as probas en Cantabria, Extremadura e na UNED (Universidade Nacional de Educación a Distancia). Podes acceder desde esta ligazón á sección Selectividade.

Xaneiro de 2007

Comezo da información Iniciamos unha nova serie de exercicios consistentes en completar un texto engadindo as palabras que faltan. Aos novos exercicios pódese acceder, ben a partir da sección de exercicios de cada autor/a, ou ben a partir da páxina de Exercicios diversos, na sección titulada "Completa o texto engadindo palabras".

Comezo da información Recibimos unha colaboración de foristas de webdianoia.net coa que se inicia a reflexión sobre a relación entre filosofía e feminismo. O acceso ao primeiro artigo atópase na sección Colaboracións, que se atopa ao fondo da barra de navegación vertical, no apartado "Outras seccións".

Xuño de 2006

Comezo da información A principal novidade consiste na adecuación do sitio ás pautas de accesibilidade aos contidos en internet, pautas proporcionadas pola WAI (Web Accesibility Initiative). As características das modificacións introducidas expóñense no apartado "Accesibilidade", ao que se pode ir mediante a ligazón correspondente, situado na barra de navegación vertical, á esquerda da páxina.

Comezo da información Abriuse unha nova sección, "Colaboracións", destinada, inicialmente, á publicación de traballos orixinais realizados por estudantes de Bacharelato. Se estás interesado en colaborar, pero non es estudante de Bacharelato, podes ponerte en contacto con webdianoia a través do correo que se dá na devandita sección.

Marzo de 2006

Comezo da información No mes de marzo introduciuse, na sección "Exercicios", a posibilidade de desenvolver as destrezas lóxicas co Sudoku, aportando así un novo tipo de exercicios.

Comezo da información Tamén no mes de marzo modificáronse os foros, que xa foran trasladados a outro enderezo (webdianoia.net). Os cambios afectan ao obxectivo dos mesmos, como xa se informara nos foros e na páxina "Foros e chat", á que se pode acceder a través da barra de navegación vertical.

 

 Novidades en webdianoia.com


Xeral

Seccións

Historia da filosofía

Outras seccións

 
Logo do sitio, unha curuxa, con ligazón de volta ao comezo do sitio   |  Quen somos  |  Regras de uso   |  Escríbenos  |  ©2001-2008 webdianoia.com  xhtml 1.0