A lista de correo tiña a única finalidade de informar das actualizacións e novidades de webdianoia.com.
Coa creación do blog de webdianoia a lista de correo deixa de funcionar, para evitar a duplicación das canles de información, xa que todas as actualizacións comunicaranse neste blog, ao que vos podedes subscribir polo RSS. A última mensaxe enviouse a través da lista de correo aos subscritores/as, a quen agradecemos desde aquí o seu interese e o apoio recibido durante este primeiro ano de webdianoia en galego.
Non é necesario cancelar unha subscrición da lista de correo, nin tampouco é posibel, xa que a base de datos coas direccións de correo eliminouse do servidor, e as copias de seguridade destruíronse.
Se desexades seguir informados/as das novidades que se produzan na Filosofía no Bacharelato podédesvos dirixir ao blog de webdianoia, que se atopa na seguinte dirección:
http://www.webdianoia.com/blog/
Gracias de novo polo voso interese e apoio