Logotipo de webdianoia.com |Comezo|A Filosofía no Bacharelato
Elixir idioma: Español | Galego
Engadir aos Favoritos e compartir na rede

Ligazóns a sitios de filosofía

Filosofía para Secundaria

As ligazóns seguintes conducen a outros sitios web.

1. Cuaderno de materiales.

Tamén aquí poderás atopar materiais de filosofía para o Bacharelato (na sección "Recursos de Filosofía e Ciencias Humanas"): selección de textos, Hº da filosofía grega, glosario de termos usuais en filosofía e biografías.

2. Historia de la Filosofía.

Nesta páxina de Óscar Fernández poderás atopar os temas de COU (similares aos de 2º de Bacharelato LOGSE), textos dos principais filósofos, un vocabulario de termos filosóficos, biografías, modelos de exames resoltos, unha táboa cronolóxica, etc.

3. Página sobre Filosofía.

Esta é a de Francisco Conde: "O obxectivo desta páxina non é outro que contribuír co meu pequeno gran de area a que o "pensamento" e as "ideas" estean tamén presentes en Internet... Presentación dunha continuada selección de textos de autores filosóficos... textos dos Presocráticos, Sócrates, Platón, Aristóteles, Descartes, Spinoza, Hume, Kant, Hegel, Kierkegaard, Sartre, Wittgenstein etc. A idea é lograr con tales textos unha mestura de rigor e de entretemento."

4. Falacias lógicas

Que é unha falacia lóxica? Unha falacia lóxica é unha proposición presentada como verdadeira nunha afirmación, pero que só o é aparentemente. E a min que me importa isto? As falacias lóxicas son utilizadas comúnmente para xustificar argumentos ou posturas que non son xustificábeis utilizando a razón. Adoitan enmascarar enganos, falsidades, ou estafas. Saber recoñece-las falacias lóxicas é de gran axuda para non ser enganado.

5. El maravilloso mundo de la filosofía

O propósito desta páxina é compartir con todos vós as miñas experiencias no ámbito da educación e os novos métodos que emprego nas miñas clases, ao tempo que tratar de aprender e facelo cada día un pouco mellor. Penso que poden axudar a moitos compañeiros e compañeiras, aínda que sexan de calquera outra materia.

6. Cibernous.

Web administrada por Elena Diez de la Cortina Montemayor, de interese para os alumnos de Filosofía de 2º de Bacharelato. Exponse o pensamento dos principais autores do temario oficial de 2º, e engádense textos, exercicios, xogos, foros, etc.

7. Boulesis

é un punto de encontro, diálogo, reflexión e intercambio. Pretende ser un espazo onde se poidan atopar materiais ou recursos didácticos para o ensino da filosofía (ou de asignaturas afíns, como ética, psicoloxía, CTS...). Podes envia-los teus propios materiais e aos poucos trataremos de ir incorporándoos.

8. anantes.net

quere ser un escaparate persoal da miña actividade filosófica, dinos Ismael Rojas Pozo, na presentación da súa web, un diálogo co lector, un camiño de investigación, unha axuda para o alumno e un punto de vista máis do mundo. Todo irá tomando forma de maneira natural, sen forzar, cada paso será un fin en si mesmo e o camiño crearase só.

9. Galería de imágenes

Como eran Sócrates, Demócrito, Platón...? Podes velo na galería de imaxes de Jordi Cortés.

Subir

Outros sitios de Filosofía

As ligazóns seguintes conducen a outros sitios web.

1. Psicoanálisis, saber, sexualidad y poder

Sitio que se propón como obxectivo "crear un espazo, allende o neoliberalismo e a chamada cultura post moderna, que xere condicións de posibilidade transdisciplinarias." "Son para nós, ineludíbeis as correlacións entre Sexualidade, neoliberalismo, a chamada cultura post-moderna, e o poder. Conxuntamente, entendemos, que as revelacións presentes e futuras acerca da Sexualidade teñen o seu encontro ineludíbel co Saber. Por todo o expresado, convocamos a quen teñan que expresar sobre estas problemáticas, que non deixen de concorrer cos seus traballos a este Sitio."

2. Filosofos.net

Novo sitio de filosofía, cunha adicación especial á figura do filósofo británico Bertrand Russell, ademais dunha importante sección, Cadernos de Filosofía, aínda nos seus momentos iniciais, adicada aos temas de filosofía do temario que deben preparar quen optan a postos de profesorado de filosofía en Centros Públicos, e que se completa cuns Foros de discusión sobre as cuestións máis actuais.

3. Guide to Philosophy on the Internet

Como o seu nome indica, unha guía moi completa para moverse en Internet en cuestións de filosofía: ligazóns a guías noutros idiomas, ensaios sobre os máis destacados filósofos, cursos, revistas, textos, bibliografía, enciclopedias, etc.

4. Euclides.org

Euclides de Alexandría -arredor do 300 aC -, coñecido como "O Pai da Xeometría" foi un matemático grego do período Helenístico que salientou en Alexandría, Exipto, case con total seguridade durante o reinado de Ptolomeo I (do 323 aC ao 283 aC). Desde esta web poderás seguir ademais as ligazóns a outras webs dedicas a Pitágoras, Galileo, Lobachevsky e un longo etcétera.

| Páxina anterior | | Páxina seguinte |

 

 Ligazóns a sitios de filosofía


Xeral

Seccións

Historia da filosofía

Outras seccións

 
Logo do sitio, unha curuxa, con ligazón de volta ao comezo do sitio   |  Quen somos  |  Regras de uso   |  Escríbenos  |  ©2001-2008 webdianoia.com  xhtml 1.0