
Nas páxinas dedicadas a Sartre atoparás, na primeira sección, "Biografía", (á que podes acceder a través da ligazón "Biografía" situada no encabezamento de cada páxina), unha breve exposición dos principais acontecementos da súa vida, na que se salientan algúns dos momentos significativos relacionados coa súa actividade filosófica.
Na segunda sección exponse unha relación das principais obras de Sartre.
Na terceira sección, dedicada ao seu pensamento, "Filosofía", atoparás unha exposición dos principais aspectos do seu pensamento filosófico.
Na cuarta sección, "Textos", atoparás unha breve selección de fragmentos de obras de Sartre, co obxecto de que poidas recoñecer o seu estilo e familiarizarte co seu vocabulario.
Na quinta sección, "Exercicios", propoñémosche realizar algúns exercicios, (de tipo test, ou completar frases, etc.), que che poden servir como referencia para unha sinxela auto-avaliación, así como outros exercicios (sobre algún dos fragmentos do autor propostos na sección "Textos") para que poidas desenvolver as túas destrezas na análise de textos filosóficos e na elaboración de xuízos críticos sobre o pensamento de Sartre. (Na sección "Como estudar" atoparás orientacións metodolóxicas para a realización de resumos, análises e comentarios de textos filosóficos).
Na sexta e última sección, "Curiosidades", ofrécense algunhas anécdotas ou noticias, que ilustran algunhas peculiaridades dos tempos nos que viviu Sartre, ou algún trazo da súa personalidade, con probabilidade non totalmente alleo ao seu quefacer filosófico.
Polo demais, se tes dificultades coa terminoloxía utilizada por Sartre, na sección "Glosario filosófico" poderás atopar definicións dalgúns termos técnicos propios do vocabulario sartriano.
| Páxina seguinte |