José Ortega y Gasset


José Ortega y Gasset

(1883-1955)


O racio-vitalismo de Ortega
Ortega y Gasset é o máximo representante da filosofía española do século XX. A súa busca da síntese entre razón e vida levouno a investigar, - e a expoñer os resultados da súa investigación -, dun modo pouco académico, que chocou cos prexuízos da tradición universitaria da época, pero que exerceu un influxo considerábel na vida intelectual española, influxo que se vería tronzado pola ditadura militar imposta polos sublevados contra a II República.

O que hai en webdianoia sobre Ortega

Nas páxinas dedicadas a Ortega atoparás, na primeira sección, "Biografía", (á que podes acceder a través da ligazón "Biografía" situada no encabezamento de cada páxina), unha breve exposición dos principais acontecementos da súa vida, na que se salientan algúns dos momentos significativos relacionados coa súa actividade filosófica.

Na segunda sección exponse unha relación das principais obras de Ortega.

Na terceira sección, dedicada ao seu pensamento, "Filosofía", atoparás unha exposición dos principais aspectos do seu pensamento: introdución e exposición da primeira fase do seu pensamento (o Obxectivismo), segunda fase do seu pensamento (o Perspectivismo), e formulación definitiva do seu pensamento (o racio-vitalismo). A cada un destes aspectos do seu pensamento dedícaselle unha páxina.

Na cuarta sección, "Textos", atoparás unha breve selección de fragmentos de obras de Ortega, co obxecto de que poidas recoñecer o seu estilo e familiarizarche co seu vocabulario.

Na quinta sección, "Exercicios", propoñémosche realizar algúns exercicios, (de tipo test, ou completar frases, etc.), que che poden servir como referencia para unha sinxela auto-avaliación, así como outros exercicios (sobre algún dos fragmentos do autor propostos na sección "Textos") para que poidas desenvolver as túas destrezas na análise de textos filosóficos e na elaboración de xuízos críticos sobre o pensamento de Ortega. (Na sección "Como estudar" atoparás orientacións metodolóxicas para a realización de resumos, análises e comentarios de textos filosóficos).

Na sexta e última sección, "Curiosidades", ofrécense algunhas anécdotas ou noticias recolleitas no seu tempo ou en épocas recentes, que ilustran algunhas peculiaridades dos tempos nos que viviu Ortega, ou algún trazo da súa personalidade, con probabilidade non totalmente alleo ao seu quefacer filosófico.

Polo demais, se tes dificultades coa terminoloxía utilizada por Ortega, na sección Glosario filosófico poderás atopar definicións dalgúns termos técnicos propios do vocabulario orteguiano.