Modelos de exame de filosofía das Probas de Acceso á Universidade (PAU - Bacharelato LOGSE), e criterios de corrección, en Madrid.
Os documentos atópanse en formato .pdf., polo que se require un lector de PDF para poder acceder a eles. É preciso, pois, que teñas instalado algún dos programas lectores de PDF, (o ofrecido por Acrobat Reader ou o de Foxit Reader, por exemplo), e que podes descargar de balde nas seguintes ligazóns: Adobe Acrobat Reader, ou Foxit Reader.
Atención: o modelo de exame pode sufrir modificacións (aínda que non é nada frecuente que ocorra). As modificacións, en calquera materia que se produzan, comunícanse a todos os Centros de Secundaria e anúncianse nas web das Universidades.
Se desexas obter modelos de exame das Probas de anos anteriores, (de tódalas materias, desde 1999), podes dirixirte á sección de Selectividade da "Universidad Complutense de Madrid". Na columna "Áreas temáticas" pulsa en "Acceso a los estudios", e na nova páxina, en "Prueba de Acceso a la Universidad". Unha vez alí, baixo o rótulo "Alumnos de Segundo de Bachillerato" deberás clicar en "Exámenes de la prueba de segundo de bachillerato de convocatorias anteriores". Poderás obter, ademais, outra información de interese relacionada coas Probas de Acceso.
As PAU dependen das Universidades. Diríxete a elas para obter información fidedigna sobre todo o que che interesa saber sobre a Selectividade. É a túa responsabilidade e o teu dereito.
| Páxina anterior | | Páxina seguinte |