Decreto 231/2002, do 6 de xuño, polo que se modifica o Decreto 275/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o currículo do bacharelato LOGSE na Comunidade Autónoma de Galicia. (DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 135, Luns, 15 de xullo de 2002)
Coa filosofia II (historia da filosofia) culmina o ciclo de educación filosófica no bacharelato. Esta materia debe estar en estreita relación coa filosofia de primeiro curso de bacharelato, xa que supón un afondamento intelectual e unha visión histórica dos grandes problemas que se analizaron neste curso arredor do coñecemento, a realidade, o ser humano e a sociedade.
A función que debe desempeña-la historia da filosofia no currículo de bacharelato é dobre: por unha parte, debe proporcionar unha información básica, que permita ós alumnos localizar filósofos e sistemas; e, por outra parte, debe atender a completa-la formación filosófica mediante o estudio e a análise dalgúns dos filósofos máis representativos de cada época.
A función informativa, sen embargo, non debe confundirse cunha mera historiografia de tódalas correntes e tendencias filosóficas que houbo en Occidente desde Grecia ata os nosos días, nin menos aínda como unha simple doxografia, na que aparezan os distintos autores como creadores de opinións filosóficas, sen maior valor que o da sucesión cronolóxica e a contraposición de pareceres. Convén, non obstante, presentarlles a alumnos e alumnas unhas visións de conxunto de cada época e un esquema das principais tendencias e filósofos que as representaron. Esta función informativa non debe esixir desenvolvementos historiográficos exhaustivos, pero sen ela, como é obvio, resulta dificil afondar naqueles filósofos que permitan completa-la formación filosófica do alumno. Tamén é necesario resalta-la función reconstructiva desta materia, que destaca a relevancia dos problemas teóricos formulados e das respostas ofrecidas polos filósofos no pasado para a nosa comprensión deses mesmos temas no presente.
A historia da filosofia que se imparte en segundo curso de bacharelato non pode ser tampouco unha historia de toda a cultura occidental en tódalas súas manifestacións; sen embargo, débese manter unha análise do contexto que permita capta-lo sentido diacrónico e dialóxico das ideas.
Polo tanto, evitaranse varios perigos na articulación do currículo: o historicismo filosófico exhaustivo, o historicismo culturalista, a mera doxografia e, por último, a excesiva erudición hermenéutica no comentario dos textos.
Sobre a base, pois, dunha contextualización esquemática, pode abordarse a análise dos problemas tratados no curso anterior, explicados no contexto das correntes e autores máis importantes da filosofia occidental, e todo isto mediante unha non moi extensa antoloxía de textos filosóficos significativos, que podemos denominar «canónicos», que presenten de forma coherente e relevante os problemas estudiados; non hai que esquecer que a filosofia se mostra nos seus textos orixinais, sendo a lectura, comentario e interpretación deles indispensable.
A historia da filosofia concíbese como unha materia común a tódalas modalidades do bacharelato, tanto máis necesaria nas de carácter científico e tecnolóxico, dado que os seus alumnos, se non é por interese persoal, non volverán ter contacto coa filosofia; cómpre, por tanto, unha sistematización necesaria que poña de manifesto a relación que existe entre a ciencia e a filosofia, así como unha atención especial a aqueles científicos que tivesen relevancia na historia das ideas.
Débese completar este ciclo da educación filosófica coñecendo a historia da filosofia nas súas grandes liñas de desenvolvemento e tendo afondado na análise dos filósofos máis relevantes, o que constitúe unha base de formación humanística indispensable, calquera que sexan as opcións futuras do alumno.
Esta materia de filosofia II, como xa se dixo na introducción, representa a continuación e afondamento da filosofia I estudiada no curso anterior, na medida
se trata de comprende-los problemas e as teorías filosóficas tanto no seu contexto histórico como no seu decurso temporal. Isto supón, por unha banda, proporcionar ó alumno unha visión coherente
e completa, na medida das posibilidades, da continuidade histórica dos problemas filosóficos e, por outra banda, a especificidade e progresivo afondamento das respostas propostas para a súa solución.
Para cumprir estes obxectivos considérase necesario dividi-la historia da filosofia en catro bloques ou períodos históricos e sinalar, en cada un deles, os autores máis importantes e representativos. Ao mesmo tempo, cada un destes autores constitúe unha unidade didáctica. Tratándose dun currículo aberto e básico, só se establece un número de unidades para desenvolver en cada período, deixando a elección das unidades concretas a criterio do profesorado (agás no caso da filosofia grega onde se indican expresamente os autores que tratar).
Considerouse necesario, por último, establecer en cada unidade didáctica uns núcleos conceptuais ou tópicos básicos que posibiliten organizar lóxica e coherentemente o seu desenvolvmento. Desta maneira proporciónase unha visión diacrónica dos núcleos temáticos desenvoltos de modo sistemático no curso anterior.
* As principais cuestións que cabe considerar neste período son: o paso do mito ó logos nos filósofos presocráticos; os primeiros intentos metafisicos de Parménides e Heráclito; a significación dos filósofos pluralistas; Sócrates e os sofistas; o nacemento da polis e da democracia en Atenas; e os proxectos éticos do epicureísmo e do estoicismo.
* Polo significado e a importancia para comprende-la historia da filosofia occidental, parece necesario estudiar de modo específico a Platón e Aristóteles.
I.1. Unidade 1: Platón.
A Teoría das Ideas como síntese da tradición filosófica grega.
Realidade e coñecemento desde a Teoría das Ideas.
Home e sociedade desde a Teoría das Ideas.
1.2. Unidade 2: Aristóteles.
Un novo enfoque filosófico fronte ó platonismo.
Teoría hilemórfica, potencia-acto, causalidade e teleoloxía na explicación da realidade.
A ética e a análise das formas de goberno.
* A filosofia medieval debe contextualizarse a través dos problemas que se suscitan arredor da necesidade de harmoniza-la fe, representada polas relixións monoteístas, e a razón, representada fundamentalmente polas filosofias de Platón e Aristóteles. O platonismo cristián ten a súa expresión máis completa no pensamento de Santo Agostiño de Hipona, en tanto que a síntese entre cristianismo e filosofia aristotélica quedou plasmada no pensamento de San Tomás de Aquino. A partir do século XIV iníciase a crise da escolástica como consecuencia, por unha banda, da filosofia de Guillerme de Ockham e, por outra banda, dos desenvolvementos científicos do século XIV (Oresme, Buridan).
* O pensamento renacentista supón a inclusión de novos temas para a reflexión filosófica entre os que cabe subliña-los seguintes: a matematización da natureza, un novo concepto de home, as posibilidades técnicas do saber ou a fundamentación moderna da política. Neste sentido as figuras de N. Maquiavelo e de F. Bacon adquiren un lugar destacado.
* Entre as unidades que se citan a seguir, o profesorado elixirá dúas para o seu estudio pormenorizado. Tendo en conta que é moi desexable proporcionar un desenvolvemento coherente e sen grandes lagoas da historia da filosofia, suxírese que unha das unidades seleccionadas pertenza ó período medieval e outra ó período renacentista.
II.1. Unidade 3: Santo Agostiño de Hipona.
A filosofia medieval: os novos conceptos.
A realidade como creación e o problema de razón e fe.
O sentido da historia: A Cidade de Deus.
II.2 . Unidade 4: San de Aquino.
O aristotelismo e a Escolástica.
A existencia de Deus e o problema de razón e fe.
Lei eterna, lei natural e lei positiva.
II.3 . Unidade 5: Guillerme de Ockham.
A crise da escolástica e o novo espírito crítico.
O problema dos universais e o nominalismo; o problema de razón e fe.
II.4 . Unidade 6: N. Maquiavelo.
Novo contexto cultural: Humanismo e Renacemento.
O poder e o realismo político.
II. 5 . Unidade 7: F. Bacon.
A teoría dos ídolos.
Ciencia e utopía social.
* O tema central deste período é o novo concepto de racionalidade que xorde nos séculos XVI e XVII e que se caracteriza polos seguintes trazos: a secularización do pensamento, o nacemento da ciencia moderna, a procura dunha antropoloxía baseada no suxeito consciente e unha nova forma de fundamenta-la orixe da sociedade (contractualismo) e do goberno, tendo como horizonte a democracia.
* Neste contexto débense considera-las grandes correntes constituídas polo racionalismo e o empirismo, que teñen como representantes máis importantes a Descartes, Spinoza, Locke e Hume. No século XVIII, ou Século das Luces, xorden diferentes modos de interpreta-la Ilustración. No campo da filosofia política a figura de Rousseau cobra unha especial relevancia pola súa fundamentación da democracia e a crítica das desigualdades sociais. Por último, co criticismo kantiano realizarase unha síntese superadora dos supostos gnoseolóxicos do racionalismo e do empirismo e unha nova maneira de concibi-la ética.
* Neste período histórico o profesorado elixirá dúas unidades entre as propostas. Por motivos similares ós subliñados no anterior bloque, suxírese que se estudie un autor do século XVII e outro do XVIII.
III.1. Unidade 8: R. Descartes.
O problema do método e o proxecto cartesiano.
Razón e realidade.
O dualismo antropol&dco e as súas consecuencias.
III.2 . Unidade 9: B. Spinoza.
O monismo substancial.
A ética.
III.3 . Unidade 10: J. Locke.
O empirismo fronte ó racionalismo.
O coñecemento de ideas: orixe, tipos e límites; o problema da substancia.
O liberalismo político.
III.4 . Unidade 11: D. Hume.
Os elementos do ceñecemento e o fenomenismo.
O emotivismo moral.
III.5 . Unidade 12: J. -J. Rousseau.
Do estado de natureza ó estado social.
O contrato social e a soberanía popular.
III.6 . Unidade 13: I. Kant.
Kant e a Ilustración.
O criticismo kantiano como síntese superadora do racionalismo e do empirismo.
O formalismo moral.
* Entre as correntes filosóficas do século XIX teñen especial relevancia o liberalismo utilitarista de J. S. Mill, o materialismo histórico-dialéctico do marxismo e o vitalismo de Nietzsche, posto que constitúen algunhas das reflexións máis importantes sobre os problemas da súa época, que tamén terán gran transcendencia no pensamento actual. Deste modo, o liberalismo utilitarista propón unha concepción individualista que lexitima tanto o sistema económico como o modelo político vixente; mentres que o marxismo se centra sobre todo nas contradiccións do sistema económico do capitalismo industrial e da democracia liberal burguesa. Por outro lado, o vitalismo de Nietzsche baséase na crítica da cultura occidental dominada polos valores racionalistas dos gregos e os valores morais do cristianismo que conxugados desembocan no nihilismo.
* A diversidade de correntes filosóficas do século XX pódese articular arredor da reflexión dos seguintes temas: a preocupación pola fundamentación e os fins do coñecemento científico; a análise da linguaxe tanto nas súas formas naturais como artificiais; a busca dunha nova racionalidade ética; a análise da existencia e da esencia do ser humano, tanto en termos ontolóxicos como asiolóxicos. Para finalizar, a figura de José Ortega y Gasset debe destacarse pola súa vinculación con algunhas destas correntes filosóficas europeas e tamén polo seu significado dentro da historia do pensamento español.
Entre as unidades didácticas que se indican a seguir, o profesorado elixirá dúas para o seu estudio pormenorizado. Polas mesmas razóns sinaladas nos bloques segundo e terceiro, recoméndase a selección dunha unidade pertencente ó século XIX e outra ó século XX.
IV.1. Unidade 14: J. S. Mill.
O utilitarismo moral.
A liberdade e a defensa dos dereitos da muller.
IV.2 . Unidade 15: K. Marx.
O materialismo histórico.
A alienación humana.
IV.3 . Unidade 16: F. Nietzsche.
A crítica dos valores fundamentais.
O nihilismo.
O superhome e a vontade de poder.
IV.4 . Unidade 17: L. Wittgenstein.
Filosofia e linguaxe.
A filosofia como actividade e como terapéutica.
IV.5 . Unidade 18: M. Heidegger.
Ser, estar, existir.
0 esquecemento do ser e o dominio da técnica.
IV.6 . Unidade 19: J. Habermas.
Coñecemento e interese.
A raz,ón dialóxica.
IV.7 . Unidade 20: J. Ortega y Gasset.
A vida como realidade radical.
O perspectivismo.