A maioría das páxinas do sitio webdianoia.com ofrecen a posibilidade de acceder a unha versión das mesmas nas que só figura o texto (ou o texto e a imaxe, cando esta é imprescindíbel, como no caso dos encrucillados), de forma que se poida imprimir con facilidade, sen os elementos que non se desexan e non son relevantes (como as barras de navegación e as cabeceiras).
Pretendemos deseñar unha sóla web para todos/as, e a versión imprimíbel non ten outro obxectivo que o de facilitar a todos/as a impresión dos contidos que lles resulten interesantes e dos que queiran ter unha copia noutro soporte. Non obstante, no caso dos exercicios que requiren a execución dalgún programa adicional, a versión imprimíbel dos devanditos exercicios coincide coa versión alternativa que se mostrará a quen non poidan, non desexen ou non permitan executar dito programa adicional, polo que, neste caso, a opción "versión imprimíbel" pode operar tamén como un elemento de accesibilidade.
Para acceder a esta funcionalidade hai que dirixirse ao cabo da páxina, á dereita, polo xeral, unha vez terminado o textoonde se atopa a ligazón correspondente á versión imprimíbel. Nos encrucillados e noutros espazos interactivos (sudoku e sopa de letras) a ligazón á versión imprimíbel atópase debaixo do panel do encrucillado ou da actividade interactiva.
| Páxina anterior |