Decreto 231/2002, de 6 de junio, por el que se modifica el Decreto 275/1994, de 29 de julio, por el que se establece el currículo de bachillerato LOGSE en la Comunidad Autónoma de Galicia. (DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 135, Lunes, 15 de julio de 2002). El texto del Decreto está en gallego.
A filosofia é un modo de saber racional peculiar -distinto das ciencias e doutros saberes- que se vai construíndo ó longo da súa historia facendo unha «reflexión radical e crítica» sobre os problemas específicos referidos á totalidade da experiencia humana.
Un curso introductorio debe proporcionarlle ó alumnado unha visión coherente da filosofia e esixe a consideración integral dos seus problemas estructurais, sen limitarse a reflexións illadas sobre cuestións inconexas que poidan privilexiar partes da materia en detrimento doutras igualmente relevantes, porque só deste modo o alumnado pode facerse cargo do que significou e significa a filosofia como saber arredor da totalidade.
Dado que a introducción nesta materia se pode realizar desde calquera consideración sistemática, o profesorado pode adopta-la perspectiva que lle pareza máis oportuna, pero o esencial para que a filosofia cumpra coa súa función integradora, neste período de formación da persoa, é que lle dea ó alumnado unha visión coherente dos problemas filosóficos da experiencia humana e dos seus distintos intentos de solución. Con esta finalidade introducirase o alumnado na linguaxe dos textos filosóficos.
Coa filosofia, como materia do bacharelato, pretendemos que o alumnado sexa capaz de:
Para cumprir estas funcións, neste curso introductorio, a materia deberá dota-los alumnos dunha estructura conceptual suficiente de carácter filosófico. Débese adoptar unha actitude crítica e refiexiva; dotarémolos de criterios axeitados para esixirlle ás teorías ou feitos -de modo especial ós feitos sociais- un grao suficiente de evidencia ou necesidade; deben aprender a usa-la razón, deberán coñecer, alomenos de modo práctico, as principais regras da lóxica; deberán pensar de modo autónomo, aprendendo filosofia á vez que filosofan, débeselles esixir que traten de fundamenta-lo que digan ou escriban... A filosofia debe servirlles para acadar unha concepción integrada do seu mundo, debe proporcionarlles unha visión global do papel que desempeñan os distintos saberes e crenzas, e tamén da organización sistemática do propio pensar filosófico.
Trátase dun currículo aberto co único condicionante de que se aborden cuestións fundamentais na historia do pensamento. Polo tanto, parece oportuno, atendendo a unha certa orde lóxica na formulación dos problemas, distribuí-lo contido da materia en seis núcleos temáticos, cada un cun número variable de unidades, que o profesorado deberá desenvolver tendo en conta, na selección dos contidos, ás características específicas do seu alumnado.
O desenvolvemento do programa non ten por que seguir, necesariamente, a orde e a lóxica que aquí se presenta, recomendándose en todo caso buscar unhas liñas conceptuais que determinen un criterio de elección da orde dos núcleos temáticos.
* Preténdese proporcionar unha visión de conxunto do que representou e segue a representar para o mundo occidental o saber filosófico. Deberá falarse, polo tanto, do seu sentido e necesidade como actividade teórica distinta doutras -saberes científicos, artísticos, relixiosos ou populares- e complementaria. De igual modo, é preciso resalta-la estreita vinculación en todo momento da filosofia co seu contexto histórico.
I.1. Unidade 1:
* No núcleo anterior vimos que a filosofia é un peculiar modo de saber; parece oportuno, agora, seguir analizando a problemática que suscita o coñecemento humano, tanto desde o punto de vista psicolóxico como desde unha consideración lóxico-gnoseolóxica.
* Para este efecto, o profesorado deberá presentar ó alumnado os problemas filosóficos que foron xerándose historicamente arredor do coñecemento: o problema da verdade, dos seus posibles criterios e do alcance do coñecemento tanto científico coma filosófico; e deberá lograr que o alumnado comprenda e practique o rigor lóxico, a coherencia do discurso e as regras básicas da argumentación.
II.1. Unidade 2:
O coñecemento científico: orixes, método e límites.
II.2. Unidade 3:
Lóxica formal e informal: falacias, paradoxos e falsos argumentos.
II.3. Unidade 4:
O problema da verdade e dos criterios de verdade.
Linguaxe e coñecemento filosófico e os seus límites.
* Dedicarase este núcleo ós problemas filosóficos que presenta a realidade, entendida como todo o conxunto de obxectividades non realizadas polo ser humano e que configuran o mundo fisico ou natureza. Acceder a esta realidade foi unha aspiración histórica constante da filosofia.
* A variedade histórica das explicacións científicas do mundo fisico, así como dos modelos teóricos sobre o universo, pode ser un punto de partida útil para potencia-lo sentido crítico do alumnado, á vez que lle facilitará o descubrimento de teorías diverxentes sobre o espacio, o tempo, a constitución do cosmos e outros conceptos fisico-filosóficos.
* A investigación do mundo fisico suscitou na filosofia unha serie de grandes problemas ou cuestións clásicas de índole metafisica que o profesorado deberá dar a coñecer ó alumnado, e tratará de conseguir que este analice as principais respostas dadas na historia do pensamento occidental.
III.1. Unidade 5:
O mundo fisico e a ciencia. As cosmovisións científicas.
III.2. Unidade 6:
Metafisicas espiritualistas e materialistas.
III.3. Unidade 7:
Os grandes problemas da metafisica occidental.
* A pregunta polo ser humano é unha pregunta fundamental na filosofia; é unha pregunta pola súa especificidade, polas características esenciais da súa humanidade, e nese sentido, é unha pregunta aberta enfrontada, cada vez con maior radicalidade, ós avances científicos e tecnolóxicos.
* Como o ser humano se sitúa nunha realidade intermedia entre o natural e o cultural, pode comezarse este núcleo cunha consideración científica do home -biolóxica, psicolóxica e antropolóxica- para culminar nunha antropoloxía filosófica na que se aborden os temas clásicos: relación mente-corpo, a persoa, a liberdade e os determinismos, etc.
IV.1 . Unidade 8:
Filoxénese, antropoxénese e socioxénese.
IV.2 . Unidade 9:
Natureza e cultura.
Relativismo e universalismo.
IV.3 . Unidade 10:
Reflexión filosófica sobre o ser humano: temas e concepcións principais ó longo da historia.
* A relación do ser humano co seu medio non se reduce a unha interpretación teórica, senón que produce formas de acción especificamente humanas. Interesa aquí insistir na articulación profunda e constante entre a dimensión teórica (razón teórica) e práctica (razón práctica) do ser humano, así como na capacidade normativa e innovadora que dimana desta relación.
* Así, neste núcleo, deberanse abordar temas como a transformación que o ser humano fai do mundo material (técnica e tecnoloxía), o seu labor creador de formas simbólicas e artísticas e a súa busca da felicidade individual e colectiva, apoiándose nos contidos de cuarto de E.S.O.
V.1 . Unidade 11:
Acción humana transformadora: traballo e tecnoloxía.
V.2 . Unidade 12:
A creación artística e a reflexión sobre a obra de arte.
V.3. Unidade 13:
Fundamentación da ética.
Autonomía e heteronomía moral.
* A acción humana é basicamente acción social. En consecuencia, o eixe deste núcleo será a reflexión sobre a dimensión social do ser humano e as súas constantes tentativas para construír unha sociedade xusta, democrática e solidaria.
* Neste núcleo deberanse tratar cuestións relativas ó dereito e á xustiza: teorías sobre a orixe da sociedade e do Estado, o poder e a súa lexitimación, ..., cuestións claves nunha sociedade democrática; así como as referidas á capacidade humana para transforma-lo mundo: temas de organización social, económica, política e xurídica.
VI.1. Unidade 14:
Interacción, cultura e estructura social.
VI.2. Unidade 15:
Dereito e xustiza. Orde económica e cambio social.
VI.3 . Unidade 16:
Principais teorías sobre a orixe da sociedade e do Estado.
Aplica-los coñecementos adquiridos á analise de informacións e ás situacións propias do mundo contemporáneo, en relación ó respecto polos dereitos humanos, á guerra e á paz, ás formas de goberno, ás desigualdades sociais, ás relacións do ser humano co seu medio, ás novas tecnoloxías, etc.